Teatro en Teo

Mes do Teatro en Teo

Comeza o V Mes do Teatro en Teo (A Coruña) con espectáculos de teatro infantís para as fin de semana deste mes de outubro. Recollemos aquí os espectáculos deste mes dirixidos ao público infantil.

mensaxe sen botella_caramuxo teatroMensaxe sen botella da compañía Caramuxo TeatroA obra  fala das mensaxes, da rutina e das sorpresas que lle acontecen ao señor Janpierre Dumont. Unha comedia que fala das relacións entre dúas persoas distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse.

 

Dirixida a: nen@s de 7 a 12 anos
Duración: 50 minutos
6 de outubro | 18.30 horas

 
 
 

elefante_elegante

Tristán cara de can de Elefante Elegante. Espectáculo visual interpretado ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é descifrada polo público.

Dirixida a: nen@s de 2 a 12 anos
Duración: 50 minutos
13 de outubro | 18.30 horas

 

axouxeres2012Encontro dos Axóuxeres. Son pezas teatrais pensadas para cativos de 0 a 3 anos, participativas e con moita presenza da música e do xogo.
Dirixida a: bebés de 0 a 3 anos
Duración: 60 minutos
28 de outubro | 12 horas

 
CSC DA RAMALLOSA en Teo (A Coruña) Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono do concello de Teo 981 815 700 e consultar o programa completo.

 

Escribe un comentario