Teatro en Santiago

Teatro infantil e familiar en Santiago este Nadal

15 ilusións para unha noite

mago_martin varela“Sempre me preguntei porque tiña que escribir un libro, plantar unha árbore e ter un fillo. Agora xa teño a resposta. No fondo mais fondo de todos os fondos, ou sexa no triple fondo queremos seguir formando parte de este lado do espello cando xa formemos parte do outro. No outro lado está o pasado e neste lado está o presente e o futuro”. Martín Varela é o futuro da maxia porque ten paixón, talento e corazón.

Dirixido a: Nen@s partir de 8 anos

26 decembro | 19.30 horas

TEATRO PRINCIPAL en Santiago Como chegar

Prezo: 5€ – Entrada familiar (4) 15€

Entradas: No Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20 horas e só se venden entradas para o espectáculo dese día.  Podedes chamar tamén ao teléfono 981 542 349 ou mercar as entradas en NovaGaliciaBanco.

Navidad mágica en concierto

navidad-magicaNenos e nenas: Fostes todos bos? Ben, é hora de sentar con Papa Noel e os seus amigos Caillou, Pocoyo e Winx para gozar do espírito do Nadal cantando e bailando.

Dirixido a: Nen@s de 2 a 6 anos

28 decembro | 16.30 e 19 horas 

AUDITORIO DE GALICIA en Santiago Como chegar

Prezo: 22 euros

Entradas: No Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20 horas e só se venden entradas para o espectáculo dese día.  Podedes chamar tamén ao teléfono 981 571 026 ou mercar as entradas en NovaGaliciaBanco. A taquilla do Auditorio está aberta só o día do espectáculo a partir das 15 horas.

Corcheas, semifusas e ilusións

corcheas semifusas e ilusiónsUnha obra máxica e musical. Con música en directo, composta cos acordes da baralla de Martín Camiña. A banda Muras Triofunk vese na obriga de compartir escenario cun ilusionista melómano. El desexa tocar, pero a súa calidade musical está á mesma altura cós orzamentos para a cultura, co que só lle queda continuar cos seus números de maxia.

Dirixida a: Nen@s a partir de 6 anos

29 decembro | 19.30 horas

TEATRO PRINCIPAL en Santiago Como chegar

Prezo: 5€ – Entrada familiar (4) 15€

Entradas: No Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20 horas e só se venden entradas para o espectáculo dese día.  Podedes chamar tamén ao teléfono 981 542 349 ou mercar as entradas en NovaGaliciaBanco.

Glub Glub de Caramuxo

glub glub caramuxoCaramuxo Teatro presenta un espectáculo de teatro para bebés: Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.

Dirixida a: Nen@s de 6 meses a 3 anos (acompañados por adultos)

2 de xaneiro | 17 e 18.30 horas

ZONA C San Domingos de Bonaval en Santiago Como chegar

Prezo: 5€ – Familiar (4 entradas) 15€ – Abono individual (3 funcións) 12€ – Abono familiar (3 funcións-4 entradas) 45€

Zapatos de Caramuxo

zapatos caramuxo¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.

Dirixida a: Nen@s de 1 a 4 anos (acompañados por adultos)

3 de xaneiro | 17 e 18.30 horas

ZONA C San Domingos de Bonaval en Santiago Como chegar

Prezo: 5€ – Familiar (4 entradas) 15€ – Abono individual (3 funcións) 12€ – Abono familiar (3 funcións-4 entradas) 45€

Ñam de Caramuxo

ñam caramuxoComer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos. Por que as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo? ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado! Unha historia de cociña para os máis pequenos.

Dirixida a: Nen@s de 1 a 6 anos (acompañados por adultos)

4 de xaneiro | 17 e 18.30 horas

ZONA C San Domingos de Bonaval en Santiago Como chegar

Prezo: 5€ – Familiar (4 entradas) 15€ – Abono individual (3 funcións) 12€ – Abono familiar (3 funcións-4 entradas) 45€

Podedes consultar a programación completa para este Nadal en Compostela neste PDF.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.