Teatro en Narón

Teatro en Narón

Titiricircus con Tanxarina Títeres

titiricircus de tanxarinaA compañía Tanxarina Títeres representa a obra Titiricircus. Un espectáculo de marionetas de fíos e actores que, como lembranza ensoñadora e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor, conta a historia de dous vellos traballadores daquel circo. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo…

Dirixido a: Nen@s a partir de 3 anos

Duración: 1 hora

28 de outubro | 18 horas

Prezo: 7€ adultos | 5€ nen@s de 3 a 14 anos

 

Querida hija de la compañía Marie de Jongh

querida hijaEspectáculo xestual, clownesco, que se apoia na música e na manipulación de obxectos. Laida está embarazada de catro meses. Tanto ela como a súa parella, Martin, viven o feito cunha ilusión fóra do común. A felicidade sería plena se non fose porque na mesma casa, vive o pai de Laida, o vello Tomás. Laida cada vez soporta menos ao seu pai, quen se converteu nun estorbo para eles… pero non será sempre así.

Dirixida a: nen@s maiores de 6 anos

Duración: 55 minutos

4 de novembro | 18 horas

Prezo: 7€ adultos | 5€ nen@s de 3 a 14 anos

 

Il Cirque d’ Amore de Butterfly Ensemble

Micaela é a muller barbuda de Il Cirque d´Amore. Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro. Pero… conseguirá Micaela ser feliz? Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, no Il Cirque d´Amore, un pianista, un barítono e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

Dirixido a: a partir de 4 anos

Duración: 50 minutos

11 de novembro | 18 horas

Prezo: 7€ adultos | 5€ nen@s de 3 a 14 anos

 

A Voar! de Sarabela Teatro

a voar_sarabela teatroSarabela Teatro cóntanos a historia de Zoe. A Zoe sempre lle gustaron os paxaros. Todos e cada un deles: pardaos, xílgaros, paporrubios… Pero o que nunca imaxinou é que papá deixaría de comer as súas deliciosas torradas para entregarse a unha dieta de sementes e vermes! Agora quere voar con ás e con moita, moita fe! Todo se complica cando na vila convocan un concurso de homes voadores e tía Greta chega á casa disposta a revolucionar as súas vidas armada coas súas empanadiñas.

Dirixido a: Nen@s a partir de 6 anos

Duración: 50 minutos

18 de novembro| 18 horas

Prezo: 7€ adultos | 5€ nen@s de 3 a 14 anos

 

Vuela si puedes de Teatro Paraíso

vuela si puedesTeatro Paraíso fálanos de racismo, indiferencia, loitas de poder…pero tamén amistade, solidaridade e respecto. Partindo dun inevitable conflicto, a obra aborda con intelixencia e sensibilidade unha extensa paleta de relacións co outro a través duns animais que, curiosamente, se parecen moito aos humanos. Ante a proximidade dun devastador ciclón, a tribu dos Tourons (paxaros das Illas Oceánicas) non ten outra opción que escapar urxentemente cara a outras latitudes. Para sobrevivir a esta catástrofe é preciso abandonar en terra aos máis débiles, aos que voan mal ou simplemente non voan por causa de accidentes, idade, procedencia ou discapacidade.

Dirixido a: Nen@s a partir de 6 anos

Duración: 1 hora

25 de novembro| 18 horas

Prezo: 7€ adultos | 5€ nen@s de 3 a 14 anos

 

A historia dun ovo perdido de Ocelot Teatro

a historia dun ovo perdidoOcelot Teatro contános a historia dunha galiña que quere ter un fillo e coida un ovo. Cando sae a buscar comida un ladrón róuballo. A galiña, desesperada, pide axuda e aparece Don Choco, un axente secreto que se fai cargo do caso. Durante a búsqueda do ladrón o público participa activamente para atrapalo. Os nen@s van dando ideas a Don Choco sobre cómo capturar ao ladrón.

Dirixido a: Nen@s a partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

2 de decembro| 18 horas

Prezo: 7€ adultos | 5€ nen@s de 3 a 14 anos

 

AUDITORIO MUNICIPAL DE NARÓN Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 102 897 ou visitar a web do Padroado da Cultura.

Escribe un comentario