Teatro e música en Carballo

 

Teatro infantil e música en Carballo

A programación cultural dos vindeiros meses en Carballo ten espazo para os nenos e as familas.

Bon Appetit de Teatro dos Ghazafelhos

bon appetitAntua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega. Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para rir, na que o sinxelo pode ser moi difícil e o divertido moi perigoso, con explosións, tortazos… como ingredientes para unha comedia en clave de clown.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

14 de abril | 18 horas

Duración: 50 minutos

Prezo: 3€ e con desconto 2€

Roger de Flor & Os Silvestres

Roger de Flor & Os SilvestresO cantautor Roger de Flor volve a Carballo para realizar unha escolma do seu mellor repertorio acompañado da súa banda Os Silvestres, cos que gravou o último traballo. Este concerto para toda a familia é unha proposta lúdica, divertida e moi participativa. Swing, pop ou rock son algúns dos ritmos que poderemos escoitar neste percorrido pola música do autor fenés.

Dirixido a: público familiar

28 de abril| 18 horas

Duración: 1 hora

Prezo: 3€ e con desconto 2€

Baleadas con Traspediante

baleadasUn xogo coas baleas, coas cores, e tamén co público de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e interactúan no espectáculo. A compañía galega trasPediante experimenta coa tecnoloxía creando sorpresas, risa e baleas en 3D, inspirándose no poemario Balea2 do poeta de Cee Estevo Creus.

Dirixido a: público infantil e familiar

12 de maio | 18 horas

Duración: 50 minutos

Prezo: 3€ e con desconto 2€

Entradas: podedes mercalas no despacho de billetes do Pazo da Cultura unha hora e media antes do inicio da actuación. Tamén se poden reservar no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura), habitualmente dende 15 días antes da celebración dos espectáculos.

PAZO DA CULTURA de Carballo Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.