Talleres de verán no Museo de Belas Artes

Talleres de verán no Museo de Belas Artes da Coruña

museo belas artes coruñaEste verán, vivimos o espazo é o programa de actividades que prepara o Museo de Belas da Coruña para este verán. O espazo é un elemento básico da arte e este verán os nenos poderán exploralo cos seus corpos, cos sentidos e coas emocións. Comezarán polo propio Museo, transitando o seu espazo e descubrindo os seus segredos. E continuarán paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentarán coa importancia da luz e da escuridade, e rematarán creando unha evocadora instalación no museo.

O obxectivo deste programa é divertirse e aprender en contacto coas artes, estimular a creatividade e entender o Museo como lugar activo e familiar.

Dirixidos a: nenos de 6 a 12 anos

Duración: 4 sesións de 3 horas

De martes a venres | de 10.30 a 13.30 horas | 4 quendas:  do 2 ao 5 de xullo, do 9 ao 12 de xullo, do 16 ao 19 de xullo e do 22 ao 26 xullo (0 25 non haberá obradoiro)

Inscrición: é necesario reservar praza chamando ao teléfono 881 881 700 (horario de luns 13 a xoves 16 de maio de 9.30 a 14 horas).

Prezo: 20€ | 15€ para fillos de Amigos do Museo

MUSEO DE BELAS ARTES da Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario