Talleres infantís e xogos nas Pontes

Talleres infantís e xogos nas Pontes

mundoxogo concello as pontesOs máis pequenos poderán disfrutar estes días da Semana Santa no concello coruñés das Pontes con xogos, talleres artísticos e deportes nunha nova edición de Mundo Xogo que terá lugar nas instalacións do Mercado Vello.

Dentro desta ludoteca infantil poderán disfrutar de dúas pistas analóxicas de Slot, unha zona de arxila onde facer distintas creacións, unha zona de cociña infantil e zonas de xogo con futbolín, pista de hockey, billar, videoconsolas… Os nenos tamén poderán pintar e debuxar na zona Pinta e Colorea e xogar na zona LEGO.

Os talleres e os cursos de cociña serán todas as tardes a partir das 18 horas e o resto das actividades estarán abertas ao público de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Dirixido a: nenos e nenas de todas as idades

Dende o 23 de marzo ata o sábado 13 de abril | de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas

Mercado Vello nas Pontes Como chegar

Aulas de Diversión

aulas diversion as pontesO programa de ocio educativo Aulas de Diversión volve esta primavera ao concello das Pontes cun amplo abano de propostas para os máis pequenos disfrutan durante as mañás dos sábados. Poderán participar en talleres de cociña, de pintura e reciclado de camisetas, de educación vial, de técnicas de acampada, primeiros auxilios no fogar, xogos, fotografía, música africana, chocolachef, coidado dos animais da man da protectora Arco da Vella… e rematará cunha ruta en bici ao lago de As Pontes.

Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos 

Sábados ata o 1 de xuño | de 10.30 a 13.30 horas 

Casa de Don Pedro nas Pontes Como chegar

A entrada é gratuita. A inscrición faráse o mesmo día da actividade ata completar as prazas (35) por orde de chegada.  

 

Concello As Pontes

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.