Talleres e xogos nas Pontes

Talleres e xogos nas Pontes

Os máis pequenos poderán disfrutar estes días da Semana Santa no concello coruñés das Pontes con xogostalleres artísticos e deportes nunha nova edición de Mundo Xogo que terá lugar nas instalacións do Mercado Vello.

Dentro desta ludoteca infantil poderán disfrutar de dúas pistas analóxicas de Slot, unha zona de arxila onde facer distintas creacións, unha zona de cociña infantil e zonas de xogo con futbolín, pista de hockey, billar, videoconsolas… Os nenos tamén poderán pintar e debuxar na zona Pinta e Colorea e xogar na zona LEGO.

Os talleres e os cursos de cociña serán todas as tardes a partir das 18 horas e o resto das actividades estarán abertas ao público de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Dirixido a: nenos e nenas de todas as idades

Dende o  | de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas

Mercado Vello nas Pontes Como chegar

Escribe un comentario