Taller infantil no Museo de Belas Artes

Taller infantil no Museo de Belas Artes da Coruña

museo da memoria belas artesO Museo da Memoria é a actividade que organiza o Museo de Belas Artes da Coruña para celebrar cos nenos o Día dos Museos. Unha visita polas salas do museo e a realización dun taller, baseado en poñer en valor o museo como institución onde  se conserva a memoria e como lugar no que se fomenta a creatividade.

Durante a visita os nenos coñecerán os cadros e descubrirán  costumes, modos de vida e formas de pensar de homes e mulleres que viviron en épocas pasadas. Durante o taller os participantes, a través das súas creacións artísticas, deixarán testemuña de como é o noso mundo actual, contándolle así como é o noso mundo ás xeracións que virán detrás da nosa.

Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos

Duración: 2 horas

18 de maio | Quenda de mañá, de 11.30 a 13.30 horas | Quenda de tarde de 17.30 a 19.30 horas

Inscrición: é necesario reservar praza desde a web ou chamando ao teléfono 881 881 700 (horario de luns 13 a xoves 16 de maio de 9.30 a 14 horas).

MUSEO DE BELAS ARTES da Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario