Taller de teatro en A Coruña

Taller de teatro infantil en A Coruña

Do romanticismo ao sainete é o título do obradoiro infantil de teatro organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña. O obradoiro proporcionará aos nenos unha síntese sobre o traballo teatral, utilizando textos do século XIX, como unha forma de fomentar a memoria e a creatividade mediante o xogo, e estimular a imaxinación e a actividade manual coa  creación das súas propias escenografías e vestiarios. O obradoiro rematará coa estrea da obra ante o público.

teatro museo belas artes

Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos

Duración: 2 horas

Sábados do 6 de abril ao 8 de xuño | de 11.30 a 13.30 horas

Prezo: 20€ (amigos museo 15€)

É necesario reservar praza. Podedes chamar ao museo 881 881 700 (de luns a venres de 9.30 a 14 horas).

MUSEO DE BELAS ARTES da Coruña Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.