Sesións infantís NEXOS na Cidade da Cultura

Sesións infantís NEXOS na Cidade da Cultura

Nexos_InfantilOs máis pequenos terán o seu espazo no ciclo NEXOS da Cidade da Cultura en Santiago. As actividades introducirán aos nenos na relación entre a literatura e os diferentes aspectos da vida, transmitindo a idea de que a través dos libros e da expresión artística podemos entender a realidade, transformala e mellorala.

Cada sesión artellarase baixo a fórmula: ler, facer, falar.  Tras unha pequena recepción no Centro de Innovación Cultural, os participantes farán unha aproximación aos libros relacionados coa sesión a través dunha lectura conxunta, un contacontos ou unha actividade musical. A diversión tamén está asegurada a través de actividades lúdicas e didácticas na que os nenos participarán de forma activa.

Dirixido a: nenos de 5 a 12 anos

Do 6 de abril ao 9 de novembro

50 anos de Rayuela

Nexos_RayuelaMarta Ríos e María Lado guiarán os xogos para achegar aos nenos á vida e obra de Cortázar e á novela Rayuela. A través dunha divertida xincana de pistas xogarán e aprenderán a tomar decisións, escoller camiños que partirán e rematarán nunha mariola. A aventura de aprender, de saber e de decidir feitas xogo.

6 de abril | 12 horas

É necesario reservar praza a través da web.

Crónica da Condición Feminina. Clarice Lispector e Virginia Woolf

4 de maio | 12 horas

É necesario reservar praza a través da web.

Próximas sesións:

A vida como competición. A pegada do deporte na narrativa actual | 1 de xuño | 12 horas

O longo devalo da cultura labrega. Da memoria viva ás previsións de futuro | 5 de outubro | 12 horas

Contra a solemnidade. O humor disolvente na literatura | 9 de novembro | 12 horas

 

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 979 010.

 

Escribe un comentario