Editoras e librarías de Santiago únense para celebrar a primeira Semana do Libro de Compostela. Poderedes gozar dos libros e das actividades nunha carpa instalada na Praza da Quintana.
Na SELIC hai unha programación específica para os máis pequenos. Concertos, contacontos e obradoiros relacionados coas novas propostas editoriais para nenos e nenas, ademais dun espazo de animación infantil. Aquí vos conto o programa para estes días destinado aos nenos e nenas, pero podedes consultar o programa completo AQUÍ.
Animación infantil | Do 5 ao 9 de xuño | de 17 a 19 horas| Espazo de animación infantil con actividades lúdicas conducidas por unha monitora
Terra de libros. Os participantes recrean contos a partir de personaxes do mundo dos libros. Cada sesión é independente. Dirixido a maiores de 5 anos
- 10 de xuño | de 12 a 14h e de 17.30 a 19.30h
- 11 de xuño | de 12 a 14h
Conto porque me toca. Conto ilustrado realizado colectivamente sobre o Camiño de Santiago seguindo as pautas do xogo da oca. Para nenos e nenas de 6 a 10 anos
- 7, 8, 9 e 10 de xuño | de 17.30 a 19h | ***punto de encontro na entrada do Museo das Peregrinacións e de Santiago ás 17.20h
Presentación – concerto Papi e Mami. Presentación do libro-cd Fantasía coas palabras Recomendado a menores 10 anos
- 6 de xuño | 17.30h | Espazo presentacións
Obradoiro de iniciación á Regueifa para crianzas Aon Séchu Sende ea colaboración do Clube de Regueifa da Escola de Ensino Galego Semente. Para nenos e nenas de 4 a 10 anos
- 8 de xuño | 17.30h | Espazo presentacións
Presentación – concerto As maimiñas Presentación do libro-cd Volta, revolta e reviravolta Recomendado a menores 10 anos
- 11 de xuño | 17.30h | Espazo presentacións
As raíces na pedra. Obradoiro de muiñeira a cargo de Colexiata de Sar *recomendado para toda a familia
- 11 de xuño | 17h | Praza das Praterías
- Horarios:
- do 5 ao 8 de xuño | de 16 a 22h
- 9 e 10 de xuño | de 11 a 23h
- 11 de xuño | de 11 a 21h