Semana do ADN nos museos científicos

Semana do ADN nos museos científicos coruñeses

Semana do adnCon motivo da celebración do Día Mundial do ADN o próximo 25 de abril, a Domus e educaBarrié organizan un ciclo de actividades gratuitas para asomarse á investigación xenética. Será a semana do 22 ao 28 de abril e haberá sesións especiais para familias e unha noite no museo para aqueles que sintan curiosidade polo mundo da ciencia, a xenética e a investigación.

Talleres de experimentación para familias

Sábado 27 e Domingo 28 de abril  | 17 horas

Dirixido a: familias con nenos a partir de 7 anos

Noite na Domus

Os rapaces e rapazas realizarán un taller de experimentos e outras actividades na Domus e pasarán a noite no museo.

Venres 26 de abril  | de 19.30 horas até as 10.30 horas do sábado 27

Dirixido a:  nenos de 11 a 13 anos

Todas as actividades da Semana do ADN son gratuitas.

Inscrición: para reservar praza podedes chamar ao teléfono 981 189 840 ou enviar un correo electrónico a domus@casaciencias.org indicando os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e correo electrónico.

DOMUS en A Coruña Cómo chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.