Sábados de animación en maio

Sábados de animación na Biblioteca Miguel González Garcés

Biblioteca Miguel González Garcés continúa coas actividades para os máis pequenos. Os Sábados de Animación son sesións de contacontos para fomentar a creatividade dos nenos e acercalos á maxia dos libros e da literatura.

As Letras Galegas co mago Chrystyane

chrystyan-magic-na-senda-da-serpe-aladaNa senda da serpe alada é o espectáculo de animación á lectura e de dinamización da lingua presentado por ChrystyanMagic basado no conto do mesmo nome que chega tras o exitoso Atrapado na torre. Da súa chisteira volverán a saír ducias de xogos de ilusionismo que revivirán as aventuras da súa protagonista, Chrystyan, e do vello mago Bosco. Desta vez, as súas aventuras transcurrirán perdidos nos labirintos que atravesan o chan dun castro e do gran bosque que o rodea e que está protexido por mouros!

Dirixido a: todos os públicos

11 de maio | 12 horas

Contos en lingua inglesa

the gruffaloNesta sesión de contos en lingua inglesa por Helen Sanderson os nenos disfrutarán con The Gruffalo. The Gruffalo é un dos libros máis coñecidos entre os nenos do Reino Unido. Cóntanos a historia dun ratonciño que anda polo bosque, e ao cal todos os animais se queren comer. O ratonciño ten unha gran imaxinación. E esta imaxinación lévao a inventarse ao Gruffalo, un monstro e amigo imaxinario que o protexe dos demás.

Dirixido a: nenos maiores de 3 anos

18 de maio | 12 horas

 

BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS en A Coruña Cómo chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono  981 170 218.

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.