Rúas Vivas 2013 en Noia

Rúas Vivas 2013 en Noia

ruas vivas noia 2013En Noia este verán está en marcha a programación cultural Rúas Vivas, este ano coas novidades de Titirinoia, o festival de monicreques, e Solpor en Familia, con animación musical, talleres e xogos populares para nenos e maiores.

17 de xullo

12 horas | Praza do Cantón | Contos para escarraguiñarse con Ghazafellos 

Ghazafellos soña con evocar nas súas historias as grandes xenialidades que entenderon o máis efímero da nosa vida: a infancia.

22.30 horas | Praza do Tapal | Cine con La vida de Pi 

Tras un naufraxio en medio do océano Pacífico, o mozo hindú Pi, fillo dun garda de zoo que viaxaba da India a Canadá, atópase nun bote salvavidas cun único superviviente, un tigre de bengala con quien labrará una emocionante, increíble e inesperada relación.

24 de xullo

12 horas |  Praza do Cantón | Cé Orquesta Pantasma

Cé orquestra pantasma, un proxecto musical unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Solpor en Familia

Solpor en Familia: talleres e xogos populares para nenos e mayores acompañado de música.

28, 29 e 30 de xullo | de 20 a 00.00 horas | Malecón de Gasset

31 de xullo

12 horas | Praza do Cantón | A tropa de trapo

Cargados de historias, percorren a xeografía galega facendo soñar e reflexionar aos nenos, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto.

7 de agosto

17 horas | Kambahiota

Disfrutaredes do circo, o teatro, a música, a danza neste espectáculo de Kambahiota, que en brasileiro significa bolboreta.

14 de agosto

12 horas | Praza do Cantón | Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xeados co seu carrito e gañas de sacar unha sonrisa aos que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carrito que terá que amañar con inxenio e algo de maxia antes de que os seus xeados se derritan.

Titirinoia

Os días 20, 21 e 22 de agosto celébrase o primeiro festival de monicreques no campo da Feira de 18 a 20 horas.

Praza do Cantón en Noia Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.