Punto científico na Domus

Tarde de Ciencia en familia

A Domus de A Coruña acolle este venres 22 de febreiro o Punto científico, un evento enmarcado dentro das actividades do Festival por Amor ao Arte e que está organizado pola Asociación Gallega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) co obxectivo de achegar a ciencia ao público e espertar a súa curiosidade.

PuntoCientificoTrátase dun espectáculo de variedades que combina cuestións de astronomía, evolución, arqueoloxía, neurociencia ou química dende enfoques que as conectan coa historia, a xeografía ou a cultura popular.

En definitiva, unha tarde na que toda a familia poderá gozar de mais de dúas horas de ciencia e espectáculo: teatro científico, música en directo, mini charlas e obradoiros de ciencia, vídeos divulgativos de animación 3D…

Teatro

– Que traballo tan curioso? Unidade de Cultura Científica do CSIC Galicia. Guión de Luísa Martínez

– Todo por unha eñe. Actuaciencia. Guión de Esteban Fernández

Vídeos 3d

– Estratexias adaptativas: Alarma contra ladróns. Divulgare, dirixdo por Luís Navarro.
– A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares. Divulgare, dirixido por Luís Navarro.
– O Tikaalik, un pez fósil en movemento. Ernesto Carmena.

Pílulas científicas de 10 minutos

– Postal planetaria por Borja Tosar
– Ata canto sabes contar? por Casto Rivadulla
– Onde está a Meca? por Elena Vázquez
– A maxia da química por Tino Álvarez
– Escribiuse un crime: arqueoloxía dun camposanto, por Xurxo Ayán

Dirixido a: Familias

22 de febreiro | 16.30 horas

Prezo: A entrada é de balde ata completar o aforo.

Duración: 2 horas (aprox.).  O público asistente podrá entrar e sair libremente en función dos seus intereses.

DOMUS en A Coruña Cómo chegar

Para máis información consultade o programa completo.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.