Primavera na Cidade da Cultura

Cidade Verde

Con música, deporte e obradoiros poderedes recibir a primavera na Cidade da Cultura de Santiago porque prepararon para o día 25 de marzo unha xornada na que descubrir a natureza dun xeito divertido.

Celebraredes alí o Día Internacional dos Bosques -21 de marzo- e o Día Internacional da Auga -22 de marzo- con actividades para fomentar a conciencia ecolóxica, a sustentabilidade, a vida activa e o coidado do medio.

O Bosque de Galicia, o Xardín Literario e o Parque do Lago serán os escenarios de catro obradoiros nos que aprenderedes habilidades para sobrevivir na natureza, iredes na busca do tesouro seguindo as pistas que atoparán nos diferentes tipos de árbore, aprenderedes a predicir o tempo mentres vos mergullades nos segredos do ciclo da auga e mesmo crearedes a vosa propia música a través de elementos naturais como ramas, follas ou herbas.

  • 12 horas | Obradoiro de supervivencia ***a partir de 8 anos | Museo Centro Gaiás | Prezo: 3€
  • 16.30 horas | Na busca do tesouro   ***a partir de 8 anos | Museo Centro Gaiás | De balde, previa inscrición
  • 17 horas | Obradoiro de meteoroloxía  ***a partir de 7 anos | Museo Centro Gaiás | Prezo: 3€
  • 17 horas | Obradoiro de música electrónica   ***a partir de 7 anos | Parque do Lago | Prezo: 3€

Haberá ademais roteiros en familia nos que descubrir nun percorrido circular de pouco máis dunha hora os espazos verdes do Gaiás. E unha divertida carreira popular lúdica na que o importante non é gañar, senón celebrar a chegada da primavera cunha explosición de cores seguindo a tradición Holi da India.

A xornada rematará cunha festa colectiva no Parque do Lago, onde todos os participantes poderán converterse en DJs e elixir a música perfecta para pechar un día dedicado a gozar da natureza en familia.

  • 11 e 17 horas | Roteiros en familia   *de balde, previa inscrición  ***a partir de 8 anos
  • 12 horas | Holi Gaiás   ***a partir de 8 anos | Podedes consultar a información aquí
  • 19.30 horas | Sesión DJ Plug&Play | Entrada libre e de balde
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.