Primavera en la Ciudad de la Cultura

Música e baile para celebrar o Día Internacional da Danza na Cidade da Cultura en Santiago. O grupo Pesdelán ensinarános a bailar danzas galego-portuguesas nunhas divertidas clases con música en directo. O obradoiro comezará ás 18h e é de balde. Ás 19.30h comezará o concerto e o baile continúa! Precisamente ese é o obxectivo de Pesdelán. O grupo busca recuperar o espírito das festas e integrar a todas as persoas mediante o ensino de bailes e xogos sinxelos. Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos poidamos unirnos ao baile.

pesdelan_primavera1

A Cidade da Cultura anima a todos os participantes a vestirse de primavera: con flores, con cores… unha explosión de ritmo e cor para bailarlle á primavera!

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 29 de abril | 18 horas – obradoiro e 19.30h – concerto
  • O obradoiro é gratuito e a entrada ao concerto son 3€ (ataquilla.com)
  • Cidade da Cultura en Santiago Como chegar

pesdelan_primavera2

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.