Praza dos Libros en Carballo

Unha festa da creatividade, das ideas e das letras! Do 20 ao 23 de agosto celébrase en Carballo unha nova edición da Praza dos Libros.

20 de agosto

  • 11 horas | Comezo da Praza dos Libros 2015
  • 12.30 horas | Pregón de inauguración e pregón de Milagros Cotelo. Coa actuación da Banda de Gaitas de Carballo
  • 18.30 horas | Cantacontos de Raquel Galavís. Espectáculo infantil
  • 19.45 horas | Historia do fútbol da Costa. Presentación do libro 50 anos da historia do fútbol da Costa, de Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema
  • 20.30 horas | Xeixos. Presentación do libro de relatos Xeixos (Embora), de Suso Lista

21 de agosto

  • 12.30 horas | O grilo Míllelo. Presentación, contada e actuación musical infantil con Xosé Manuel Varela e Suso Moreira + A Banda do Grilo
  • Toda a tarde | Fanzinadas: mostra e mercado de fanzines. Para visibilizar a creatividade da autoedición gráfica das marxes, para difundir os formatos e contidos autoeditados polas súas creadoras e creadores e para posibilitar un espazo de mostra e venda destas creacións
  • 18.30 horas | Brinca vai! Concerto infantil de Paco Nogueiras a partir do libro Brinca Vai! (Kalandraka)
  • 19.45 horas | Poesía de Caldeirón. Presentación-recital dos poemarios de Caldeirón Terra fría, de Miguel A. Mato Fondo, Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, e Dominio público, de Ramón Neto
  • 20.30 horas | Catálogo. Presentación da obra colectiva Catálogo (Lumieira, Garabato e Caldeirón), de Rosalía Fernández Rial, Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña

22 de agosto

  • 12.30 horas | Cocer e cantar. Espectáculo infantil de monicreques con Seisdedos
  • 18 horas | Obradoiros creativos para nenos e nenas. O grupo artístico CreaFormas desenvolverá ao longo da tarde diversos obradoiros creativos para rapazas e rapaces
  • 18.30 horas | A Gramola Gominola. Concerto de rock infantil de A Gramola Gominola para presentar o libro-disco do mesmo nome (Galaxia)
  • 19.45 horas | O soño de Xoán. Presentación da novela O soño de Xoán (Embora), de Farruco Graña
  • 20.30 horas | A boca da terra. Recital presentación do poemario A boca da terra (Xerais), de Manuel Rivas

 23 de agosto

  • Toda a mañá | Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo
  • 11.30 horas | Nubinete e Ciclobiblioteca con contos para nenos e nenas de Anxo Moure
  • 13 horas | Chicharrón. Sesión vermú con concerto do grupo Chicharrón en galego e con vermú de albariño Petroni
  • 18 horas | Ruta de murais de arte urbana. Saída ás 18 horas desde a Praza dos Libros
  • 18.30 horas | Un conto ao revés. Concerto infantil de Chuches Amil para presentar o libro-disco Un conto ao revés (Galaxia)
  • 19.45 horas | Atlántica Luz. Presentación-recital do poemario Atlántica Luz (poesía mareira 1995-2015), de Modesto Fraga
  • 20.30 horas | Poetarras. Actuación de peche do colectivo arterrorístico de Manuel Gago, Rubén Lino e Dani Vilaverde cuxo obxectivo principal é ofender a SOMEBODY en SOMEWHERE por SOMETHING a través de sketchs musicais
  • 21.30 horas | Remate da Praza dos Libros 2015

 


 

 

Sorteos de lotes de libros. Todos os días ás 21.15 horas farase un sorteo dun lote de libros entre todas as persoas que mercaran algún libro ese día na feira. Os/as premiados/as poderán recoller o seu lote até o domingo 23 de agosto ás 21.30 horas no stand do Concello de Carballo.

DESCONTO DO 10%. Todos os libros mercados na Praza dos Libros terán un  10% de desconto.

Feira tradicional de Carballo. O xoves 20 e o domingo 23 pola mañá a Praza dos Libros convivirá coa Feira tradicional de Carballo, con compra, venda e difusión dos mellores produtos locais e de tempada.

Escribe un comentario