Praza dos Libros 2016 en Carballo

Volve a Carballo a creatividade cultura nunha nova edición da Praza dos Libros. O Xardín Municipal volverá a encherse de libros, contos, música e obradoiros para os máis pequenos. Este é o programa infantil, pero podedes consultar todas as actividades aquí:

21 de xullo

  • 11 horas | Comezo da Praza dos Libros 2016
  • Toda a mañá |Animación infantil na feira coa Burroteca dos contos de animais
  • 18.30 horas | Teatro na mochila: contacontos infantil de Anxo Moure

22 de xullo

  • 11.30 horas | Tod@s con Sanxo! Actividade creativa da Biblioteca con concurso dirixida ao público infantil a partir de 4 anos. Inscrición previa a partir do día anterior
  • 18.30 horas | Concerto infantil de Oviravai a partir do libro-disco As andanzas de Paio (Ed. Galaxia)

23 de xullo

  • 11.30 horas | O grupo artístico CreaFormas desenvolverá durante a mañá diversos obradoiros de debuxo, pintura, barro…
  • 18.30 horas |  A música das árbores. Concerto e animación infantil con Servando Barreiro

24 de xullo

  • Toda a mañá | Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo
  • 13 horas | Sofía Espiñeira. Sesión vermú con Sofía Espiñeira e a súa banda a partir do seu disco Alá onde agroman as herbas
  • 18.30 horas | Pitusa Semifusa. Concerto infantil a partir do libro-disco Pitusa Semifusa  de Olga Brañas e a súa banda

 

  • Do 21 ao 24 de xullo | de 11 a 14h e de 18 a 22 horas
  • Xardín Municipal de Carballo Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.