Praza dos libros 2013

Praza dos libros 2013 en Carballo

praza dos libros 2013A festa das letras volve un verán máis a celebrarse en Carballo. Do 22 ao 25 de agosto a Praza dos Libros achegará  a pequenos e maiores a creatividade cultural galega a pé de rúa. Literatura, xogos, concertos, obradoiros, música… encherán de historias o Xardín Municipal de Carballo. O horario de apertura é de 11 a 14 horas e de 17.30 a 21.30 horas.

22 de agosto

Toda a mañá | Ciclobiblioteca Animación e contacontos espontáneos

13 horas | Inauguración co pregón da man da escritora e comunicadora María Canosa

18.30 horas | Camiño de historias. Espectáculo infantil con contos, cancións e música de Migallas Teatro

20.30 horas | Concerto da cantante galego-palestina Najla Shami e a súa banda, baseado no libro disco Na lingua que eu falo, con poemas de Rosalía de Castro

23 de agosto

12.30 horas | O rei portador e outras historias. Presentación e lectura dramatizada da obra infantil de Beatriz Fraga. Coa participación de rapaces e rapazas das Escolas de Verán Xiria

19 horas | Rodari Rodari (Contos do tranvía). Espectáculo infantil de contos e música de Fantoches Baj

24 de agosto

12.30 horas | Renova a túa camisola. Obradoiro infantil. Para participar é preciso levar unha camisola branca. Os nenos aprenderán a customizala

De 18 a 21 horas | Gústame o galego. Ven sacar unha foto para dicir que che gusta o galego e leva unha chapa de agasallo

18.30 horas | Babacontos. Espectáculo infantil da contadora e titiriteira Larraitz

25 de agosto

Toda a mañá | Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo

Toda a mañá | Ciclobiblioteca. Animación infantil e contacontos espontáneos

20 horas | Uxía – Rosalía Pequeniña. Concerto-presentación para todos os públicos do disco Rosalía Pequeniña, de Uxía, coa colaboración e participación de Samira Remuiñán, Xan Remuiñán e Rosalía F. Rial

* Só destacamos aquí as actividades dirixidas ao público infantil e familiar, pero podedes consultar o programa completo neste PDF.

XARDÍN MUNICIPAL en Carballo Como chegar

Do 22 ao 25 de agosto | de 11 a 14 e de 17.30 a 21.30 horas

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.