Pesdelán en Muros

Este domingo 10 de xullo poderedes disfrutar do obradoiro de baile e do concerto de Pesdelán en Muros, dentro do programa das XII Xornadas Cultura Mariñeira Muros Miramar.

Pesdelán é un proxeto de música para baile. Buscan cambiar o concepto de público espectador polo de público participante. Cantaredes e bailares temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos pretenden recuperar o espírito participativo das festas.

pesdelan1

 

Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos

 

 

  • Dirixido a: para todas as idades
  • 10 de xullo | obradoiro ás 19.30 horas e concerto+baile ás 21 horas
  • Entrada de balde
  • Curro da Praza en Muros Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.