Pequefilms en Santiago

Os días 14 e 15 de xaneiro os máis pequenos poderán disfrutar do Festival Infantil de Curtas Pequefilmes na Cidade da Cultura en Santiago. Proxeccións e obradoiros para achegarse e descubrir o cine.

Proxectaránse 40 curtametraxes de animación destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo de cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses e gustos. As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca a diversión. Tras o visionado das curtas, cada neno poderá valorar os filmes, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas que máis gustaron, facendo do público un espectador de cine crítico e curioso.

Pequefilmes conta tamén con catro obradoiros para descubrir o funcionamento do cine dunha forma lúdida e práctica

  1. Obradoiro de Stop Motion en Cartolina | 11, 13, 16 e 18h  *soamente o sábado
  2. Obradoiro de Mesa de Luz | 11, 12.15 e 13.30h
  3. Obradoiro de Stop Motion en Plastilina | 11 e 13h *soamente o domingo
  4. Obradoiro de Sonorización | 16, 17.15 e 18.30h

 

———————————————-

  • Dirixido a: nenos de 5 a 12 anos
  • Horarios:
    • 14 de xaneiro: de 11 a 13.30h e de 16 a 21h
    • 15 de xaneiro: de 11 a 14.30h
  • Entradas: para as proxeccións: entrada libre e de balde ata completar aforo e para os obradoiros cinematográficos: 3€ (neno + adulto)
  • Cidade da Cultura en Santiago Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.