Peke pan en Neda

O día 1 de setembro celébrase en Neda a XXV Festa do Pan. Ademáis da tradicional comida os nenos poderán participar en diferentes actividades. O Peke-Pan será o 31 de agosto a partir das seis da tarde no Paseo Marítimo: unha festa infantil con obradoiros onde os máis pequenos poderán coñecer e practicar a elaboración do pan, desde que se moe a fariña ata que o bolo sae do forno. Os nenos amasarán e poderán levar un boliño, froito do seu traballo, para a casa. A actividade é gratuita, pero as prazas son limitas, así que cubriránse por orde de chegada.

Ruta dos Muíños do Belelle

Para coñecer de preto o proceso da elaboración do pan esta ruta, programada para  31 de agosto, inclúe a visita a varios muíños e discorre polas marxes do río Belelle ata O Roxal. Remata nun dos muíños, onde os participantes poderán ver cómo funciona e degustar os produtos típicos de Neda.

Saída 10.30 horas da Igrexa de Santa María e chegada ás 13.30 horas

Actividade gratuita

Paseo Marítimo de Neda Como chegar

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorLas letras del abecedario
Artículo siguienteTitirideza 2013

Escribe un comentario