Parque Activo As Pontes 2013

Parque Activo As Pontes 2013

O Parque Activo é un programa de ocio dirixido aos nenos durante as Festas do Carme no concello coruñés das Pontes. Xogos, inchables, animación e teatro encherán estes días os Xardíns Campo da Feira.

Do 18 ao 22 de xullo | de 11.30 a 14 e de 18 a 20.30 horas

20 de xullo | 18.30 horas | Música con Palitroke. Trátase dun concerto participativo con xogos musicais para os máis pequenos

21 de xullo | 18.30 horas | Jiñol con Títeres Trompicallo

MundoXogo

MundoXogo é un espazo de ocio lúdico-educativo enfocado ao entretemento dos nenos. Un ambiente de cores e formas divertidas no que os nenos xogan, aprenden e divírtense. As actividades están dirixidas a todos os pequenos e pequenas que desexen desfrutar, de xeito gratuíto, deste programa de ocio e xogos infantís.

Todos os días ata o 23 de xullo | de 10.30 a 13.30 e de 17 a 21 horas | Mercado Vello e Xardíns Municipais

Podedes consultar o programa completo das Festas do Carme e da Fraga na web do concello: aspontes.com.

 

Concello As Pontes

 

Escribe un comentario