Para cantar e xogar en Santiago

Para cantar e xogar en Santiago

para cantar e xogar en santiagoA Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago continúa coa actividade Para cantar e xogar, impartida por Marcela Rubiano, e dirixida a nenos de 0 a 3 anos acompañados dun adulto. As sesións celébranse todos os xoves de maio e xuño na Bebeteca da Sala Infantil. Trátase dunha actividade que convida a todos os pais, avós, etc. a cantar e xogar cos máis pequenos, de xeito que a música e o xogo se integren na vida cotiá dos cativos dun xeito natural.

En cada unha das sesións traballaránse o desenvolvemento da linguaxe por medio do emprego de onomatopeias, rimas e cancións acumulativas, a psicomoticidade, o desenvolvemento espacial de xeito que o neno aprenda a situarse no espazo que habita, a afectividade co reforzamento do vínculo entre o cativo e o adulto…

Dirixido a: nenos de 0 a 3 anos acompañados por un adulto

16, 23, 30 de maio e 6, 13, 20 e 27 de xuño | 11.30 horas  

Entrada libre ata completar a capacidade da sala 

BIBLIOTECA PÚBLICA ÁNXEL CASAL en Santiago Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 999 401.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.