Ópera para nenos na Cidade da Cultura

Ópera para nenos na Cidade da Cultura

Pequeclassics- FrautaMaxicaPequeclassics é o programa para achegar ós nen@s a paixón pola música clásica e pola ópera a través do xogo e a diversión. Nesta ocasión os máis pequenos poderán disfrutar da ópera divertimento A pequena frauta máxica. Trátase da adaptación infantil da ópera A Frauta Máxica de Mozart, que representa unha nova concepción operística do músico, na que reúne a ópera seria, a ópera buffa, o singspiel, o coral luterano, a canción popular alemá e temas abertamente folklóricos.

Os nen@s poderán aprender e divertirse con esta ópera dirixida a eles cun toque popular.

Dirixida a: nen@s maiores de 4 anos

Duración: 50 minutos

21 de outubro | 12 e 17 horas

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

Prezo: 5,80€

Entradas: Podedes mercar a entrada a través da web da Cidade da Cultura.

1 Comentario

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.