Obradoiros no Museo das Peregrinacións
O Museo das Peregrinacións en Santiago comeza o día 13 de outubro co servizo de talleres infantís. Haberá tres sesións cada fin de semana, orientadas a nen@s de entre 6 e 12 anos. Os obradoiros queren fomentar a participación das familias nas actividades culturais do Museo. Ademais de realizar un percorrido polas salas do edificio, os máis pequenos poderán coñecer a historia da cidade a partir das distintas actividades e descubrirán quenes habitaban a Compostela medieval, como vivían e en que traballaban, e mesmo poderán construír unha réplica da muralla da cidade.
Dirixidos a: nen@s de 6 a 12 anos
Duración: 90 minutos
MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS en Santiago de Compostela Como chegar
Sábados ás 12 e 18 horas e domingos ás 12 horas | dende o 13 de outubro ata o 31 de decembro
Prezo: 3€
Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 576 661 ou preguntar na propia taquilla do Museo.