Obradoiro de animación ao teatro

Obradoiro de teatro na Biblioteca Novacaixagalicia de Santiago

obradoiro de teatroCon motivo das Letras Galegas 2013 dedicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, a Biblioteca Novacaixagalicia de Compostela acolle unhas sesións de animación ao teatro para rapaces e rapazas onde poderán achegarse a un dos grandes mestres do teatro galego do século xx.

Coñecerán a súa obra Touporroutou da lúa e o sol e desenvolverán as súas capacidades interpretativas e a creatividade. Reinterpretarán unha historia e serán os propios creadores dun espazo e dun tempo…

Dirixido a: nenos entre 4 e 8 anos

15 e 16 de maio | 18.30 horas

Necesítase inscrición previa na biblioteca ou ben chamando ao 981 593 467.

BIBLIOTECA NOVACAIXAGALICIA en Santiago de Compostela Cómo chegar

Obradoiro Letras Galegas

Escribe un comentario