O Soldadiño de Chumbo en Santiago

Baobab Teatro e o Soldadiño de Chumbo en Santiago

soldadiño de chumbo baobabA compañía pontevedresa Baobab Teatro chega ao  Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa terceira obra: O soldadiño de Chumbo, un espectáculo baseado no conto clásico de H.C. Andersen. 

O soldadiño de Chumbo é unha historia de aventuras onde se enfrontan o poder, a inocencia e o amor. Este conto relata a verdadeira historia do mal, e é o amor, un amor verdadeiro e firme e non exento de humor,  o que sae vencedor cun fermoso e explosivo final. O soldadiño de chumbo é un delicioso conto que cativará a imaxinación de nenos e adultos.

Dirixido a: nenos a partir de 4 anos

24 de maio | 18.30 e 20.30 horas

Duración: 55 minutos

Prezo: 5€

Entradas:  á venda dúas horas antes de cada espectáculo.

SALÓN TEATRO en Santiago de Compostela Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario