O refullago no Salón Teatro

O refullago no Salón Teatro de Santiago

refugallo berrobambanSalón Teatro de Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a estrea de O Refugallo. As compañías Berrobambán e Bichakadela coproducen este espectáculo a partir do texto de Paula CarballeiraPaula Carballeira, Nuria Sanz, José Campanari e David Loira dan vida a catro amigos que viven no refugallo: Isolda co seu libro de viaxes, Hipatia cun telescopio, Borobonte e a súa tartaruga, e Lustucrú cunha pata de pau. Xuntos xogan a construír un novo mundo a partir de todo o vello e roto que os rodea porque, como nenos que son, saben ver as cousas doutra maneira fronte a unha sociedade na que se impón o frenético consumo de usar e tirar.

 19 e 20 de xaneiro | 18 horas

Prezo: 5€

Entradas: As entradas estarán á venda no despacho de billetes do Salón Teatro, que abrirá ao público o sábado e o domingo a partir das 16 horas.

SALÓN TEATRO en Santiago de Compostela Como chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos 981 581 572 ou 981 581 111.

Escribe un comentario