O bigote de Mimí en Santiago

O bigote de Mimí. Títeres e música para o conto de Manuel María 

O espectáculo O bigote de Mimí chega os días 7 e 8 de maio á Fundación SGAE de Santiago. Trátase dunha montaxe con monicreques e música en directo creada por Luis Vallecillo e a Banda do Cuberto. Esta innovadora proposta para o público infantil está baseada no conto homónimo de Manuel María, o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, e conta coa colaboración da súa Casa Museo. Un titiriteiro e unha banda de música axudarán a Mimí a contar a súa historia.

 

obigotedemimi2

 
 

A historia
Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a todo un grupo de música para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado…

 

Esta é unha das cancións que nesta casa xa poñemos en bucle… podedes escoitar outras cancións AQUÍ.

 

 

 

Próximos espectáculos:

  • Dixirido a: público infantil e familiar
  • 7 de maio | 18.30 horas | Fundación SGAE en Santiago
  • 8 de maio | 12.30 horas | Fundación SGAE en Santiago
  • Entradas: 5€

Escribe un comentario