Nexos Infantil 2017

As actividades de Nexos Infantil volven á Cidade da Cultura en Santiago. Os máis pequenos poderán introducirse nos diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo a través de actividades lúdicas e didácticas coas que aprenderán xogando. Cada sesión artellarase baixo a fórmula: ler, facer, falar.

  • Ler | Aproximación aos libros relacionados coa sesión a través dunha lectura conxunta dunha ou varias das obras, un contacontos ou unha actividade musical.
  • Facer | Cada sesión será única, con actividades que van desde técnicas de escritura automática e creación de murais a xogos de dramatización coa posibilidade de caracterización de maquillaxe e vestiario, xogos nos que a música e o ritmo sexan protagonistas ou xincanas coas que agudizar os sentidos e resolver enigmas.
  • Falar | Como peche das actividades, extraeranse unha serie de conclusións e propiciarase o debate e o intercambio de ideas no ámbito familiar.

nexosinfantil_marujamallo————————————————

  • O aforismo e a beleza da síntese – 28 de xaneiro | 12 horas
    • Qué é unha síntese? Falarán de Hipócrates, e de como foi o primeiro en definir un concepto que agora, por mor de twitter, está de plena actualidade. Distinguirán entre adagio, apotegma, máxima, proverbio, refrán e sentenza, e crearemos os nosos propios, que iremos espallando pola sala, facendo unha intervención no espazo da sesión deste Nexos Infantil. Procurarán aforismos de autores importantes, que combinarán cos seus, escribíndoos e ilustrándoos, nesta intervención.
  • A voltas coa idea de Europa – 18 de febreiro | 12 horas
    • Partindo de fichas sobre diversas cidades de Europa, que colorearán e ilustrarán con elementos senlleiros das mesmas, os nenos elaborarán un xogo da oca que lles permitirá viaxar por todo o continente…
  • Lembrando a Maruja Mallo – 1 de abril | 12 horas
    • Os nenos achegaránse á vida e obra de Maruja Mallo mediante os seus cadros, as fotografías, e as persoas que compartiron época, arte e vivencias con ela, e deseñarán colectivamente unha cronoloxía biográfica da pintora na que situaremos os fitos máis importantes da súa vida, da historia que viviu e da súa obra.
  • Arquitectura. A influencia da Escola de Porto – 13 de maio | 12 horas
    • Mediante xogos realizarán un achegamento á utilidade e definición da arquitectura reflexionando en común sobre para que serve a arquitectura. Descubrirán os edificios que esta escola deixou na cidade de Santiago, sobre todo da man de Álvaro Siza, e xogarán a reproducir o estilo deste arquitecto nun proxecto de creación propia. Logo farán un mural con estes proxectos da nosa imaxinación e finalmente construirán as súas maquetas ou deseños empregando a plastilina.

 

  • Dirixido a: nenos de 5-6 a 11-12 anos
  • Datas: 28 de xaneiro – 18 de febreiro – 1 de abril – 13 de maio
  • As actividades son gratuitas, pero requiren inscrición previa
  • Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago

 

Escribe un comentario