Nadal no Gaiás 2016

 

Este Nadal poderedes gozar de novo dun amplo programa de actividades na Cidade da Cultura en Santiago. Entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro haberá no Gaiás música, creatividade e moita diversión para toda a familia!

Concurso de postais

A Cidade da Cultura anima os máis pequenos da casa a participar a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás. Podedes participar ata o 23 de decembro, podedes consultar toda a información aquí.

El Sastrecillo Valiente

El sastrecillo valiente, un dos contos clásicos dos irmáns Grimm, convértese da man da compañía de teatro Etcétera nun espectáculo musical para monicreques co que gozará toda a familia. A historia dun home sinxelo que por un malentendido acada poder e fortuna ensínanos a non guiarnos por falsas apariencias e buscar probas para perseguir a verdade.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 23 de decembro | 18.30 horas
  • Entradas: de 4 a 7€ (ataquilla)
elsastrecillovaliente2Que comerá o rei?

A partir do conto A pota que trota de OQO Editora, os participantes mergullaránse na obra de Castelao da man do mercader presente no conto e responsable do cambio de vida dos labregos. A través dun xogo, os rapaces terán que atopar, colocar e identificar, co texto correspondente, cada unha das láminas da serie Nós.

  • Dirixido a: nenos de 6 a 9 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 26 de decembro | 12 horas
  • Entradas: de balde previa inscrición en cidadedacultura.gal.
Carautas

Xogando con máscaras e marionetas utilizarán a súa simboloxía na que se fusionan traxedia e comedia para representar diversas situacións que aparecen na obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao e no álbum Zimbo, de OQO Editora.

  • Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 27 de decembro | 12 horas
  • Entradas: de balde previa inscrición en cidadedacultura.gal.
O fío da Historia

O fío da Historia constrúe unha ponte entre as imaxes do álbum Nós de Castelao e o álbum Caixa de cartón, de OQO Editora, que serve de base para a creación plástica e literaria. Castelao preséntanos unha serie de escenas acompañadas dun breve texto. Pero, que puido acontecer para desencadear esa escena?

  • Dirixido a: nenos de 8 a 12 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 28 de decembro | 12 horas
  • Entradas: de balde previa inscrición en cidadedacultura.gal.
Nadal Rock

Blanco y Negro Studio ensinaránvos todos os pasos necesarios para que ninguén quede sen saír á pista. Bailaredes xunto a Mad Martin & The Blue Christmas Combo ao son dun clásico do rock: Elvis’ Christmas Album, terceiro disco de estudo do rei do rock e todo un referente para recopilatorios de Nadal. Un concerto para toda a familia que será un percorrido polo mellor rock and roll.

  • Dirixido a: todos os públicos – nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 120 minutos
  • 28 de decembro | 17 horas
  • Entradas: de 3€ (ataquilla) e 9€ (pack familiar de 4 entradas)
AnimandoNós

Valéndose das imaxes do álbum Nós de Castelao e atendendo ao seu estilo e capacidade de síntese, os nenos tratarán de reproducir o trazo da súa obra utilizando os medios audiovisuais para realizar unha pequena curta de animación en stop-motion.

  • Dirixido a: nenos de 8 a 12 anos
  • Duración: 180 minutos
  • 29 de decembro | 11 horas
  • Entradas: de balde previa inscrición en cidadedacultura.gal.
Bonecos en escena

Bonecos en escena espertará a creatividade e a imaxinación dos participantes, que deberán confeccionar os títeres para unha peza de teatro que será gravada e distribuída entre as familias. Na primeira sesión realizaranse xogos de presentación, lerase o conto A ratiña presumida e farase a distribución de personaxes. Na segunda sesión, confeccionaranse os títeres con material de refugallo; ensaios e gravación da peza de teatro con títeres. Na última sesión, terá lugar a montaxe e visionado público da peza de teatro.

  • Dirixido a: nenos de 7 a 12 anos
  • Duración: 3 sesións de 90 minutos cada unha
  • 2, 3 e 4 de xaneiro | 12 horas
  • Entradas: de balde previa inscrición en cidadedacultura.gal.
Cancións por regalos 2017

Volve festival solidario Cancións por Regalos, co que os máis pequenos poderán achegarse á mellor música do momento xunto aos seus pais a cambio dunha entrada simbólica. Unha iniciativa na que ti levas para casa unhas cantas cancións para o recordo e aqueles que máis o necesiten terán unha sorpresa o Día de Reis: o regalo que ti elixas como entrada.

O cartel deste ano contará coa actuación de Chumi Chuma, un proxecto musical para toda a familia. Chegarán co seu primeiro disco ¡¡Baila sin parar!!, unha colección de once cancións que gustan tanto a nenos como adultos. Tamén contará coa banda galega Igloo, indie-rock en estado puro!

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 120 minutos
  • 3 de xaneiro | 17 horas
  • Entrada: o regalo que ti elixas

……………………………………………………………………………

Visitas familiares a la exposición CJC. El centenario de un Nobel

Durante o Nadal, a exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade ábrese ás familias con percorridos adaptados. Despois dunha visita comentada á exposición, maiores e cativos entrarán no Estudo do Escritor. Alí experimentarán os segredos da creación literaria nun obradoiro creativo no que aprenderán a crear personaxes e contar as súas propias historias como auténticos literatos.

  • Dirixidas a: nenos a partir de 8 anos (os nenos deben vir sempre acompañados dun adulto)
  • Duración: 90 minutos
  • 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro | 17 horas
  • Entrada: de balde, previa inscripción

 

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorNo Nadal un conto 2016
Artículo siguienteNadal en Compostela

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.