Este mes de decembro estará cheo de maxia nas Pontes!! As luces e o poboado de Nadal comenzarán a brilar o día 8 de decembro. Para acendelas, estarán diante do Concello as personaxes do espectáculo Galtük. Un show de gran formato co que arrincará a programación especial para estas datas.
Galtük, un soño de Nadal
Galtük é MAXIA, LUZ, COR. Unha palabra que nace da unión de Galicia e Batukada: o lugar onde naceron os soños da compañía La Fiesta Escénica. Acrobacias, trapecistas, clowns e música… no espectáculo de circo Galtük, un soño de Nadal para gozar en familia! A protagonista do show é unha nena que sae en busca dos seus xoguetes perdidos nunha viaxe chea de aventuras… queredes acompañala?
- 8 de decembro | 20.30 horas
- 9 de decembro | 16.30 e 19 horas
- 10 de decembro | 16.30 e 19 horas
- Entradas: 5€ nenos e nenas e 10€ adultos. Podedes mercalas na Casa Dopeso (de 9 a 14h de luns a venres) ou na taquilla do auditorio Alovi (2 horas antes da función)
PROGRAMA DE NADAL
A música, o teatro, o cine e o deporte serán os protagonistas deste tempo de Nadal no concello das Pontes. Un programa para gozar en familia nestas datas:
- 9 e 10 de decembro | CINE: La Liga de la Justicia
- 14 de decembro | 18 horas | Biblioteca Municipal | OBRADOIRO: Iniciación ao arte dedicado a Modigliani impartido por Carmen Bellas
- 15 , 16 , 17, 22 e 23 de decembro | CINE: STAR WARS: Los últimos Jedi
- 16 de decembro | DEPORTE
- Club Sílex: XIX Trofeo Concello de As Pontes de Tiro con Arco
- Piscina Municipal: MASTER CLASS KICK BOXING
- Pavillón Monte Caxado: GALA DE NADAL DE PATINAXE
- 16 de decembro | 20 horas | Cine Alovi | MÚSICA: FADO VIOLADO
- 17 de decembro | 12.30 horas | Igrexa Parroquial | MÚSICA: Concerto de Nadal – Coral Endesa As Pontes
- 19 de decembro | 18.30 horas | Centro Social da 3º idade | MÚSICA: Concerto Escolas Municipais de pandeireta e acordeón
- 21 de decembro | 18 horas | Biblioteca Municipal | OBRADOIRO: decoración da sala infantil da biblioteca
- 21 de decembro | 19 horas | Pavillón Municipal | DEPORTE: GALA DE NADAL DE XIMNASIA RÍTMICA
- 21 de decembro | 19 horas | Cine Alovi | MÚSICA: Concerto de Nadal. Conservatorio Profesional de Música das Pontes
- Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro | PISTA DE XEO | Patio do colexio Sta María
- 22 de decembro | 17 e 19.30 horas | Casa Dopeso | CINE: Coco
- 22 de decembro | de 17 a 20 horas | Tren de Nadal e Elfos e PAPA NOEL | Poboado de Nadal
- Do 23 ao de decembro ao 7 de xaneiro | MUNDO XOGO | Mercado Vello
- 23 de decembro | 19 horas | Cine Alovi | MÚSICA: Concerto de Nadal. Rondalla Vila das Pontes
- 26 de decembro | 19 horas | Cine Alovi | ESPECTÁCULO: Espectáculo de POMPAS: 100% BURBUJAS
- 27 de decembro | 19 horas | Cine Alovi | ESPECTÁCULO: Impreuna de Pista Catro
- 28 de decembro | 18 horas | Cine Alovi | ESPECTÁCULO: Rubicundo de Ghazafelhos Teatro
- 29 de decembro | 21.30 horas | Cine Alovi | MÚSICA: Concerto de ELE. Summer Rain
- 30 de decembro | 20 horas | Cine Alovi | MÚSICA: Concerto de Milladoiro. Mar de Fóra
- 31 de decembro | 11 horas | San Silvestre
- 3 e 4 de xaneiro | de 17 a 20 horas | Paxes dos Reis Magos no Poboado de Nadal
- 4 de xaneiro | 18 horas | Biblioteca Municipal | MÚSICA: As Parábolas de Pakolas
- 4 de xaneiro | 19 horas | Cine Alovi | MÚSICA: Concerto de Ano Novo coa Escola de Música, Banda Xuvenil e Banda Cultural das Pontes
- 5 de xaneiro | 18 horas | Cabalgata de Reis

***Podedes consultar máis información na web vive.aspontes.org***