Nadal na Cidade da Cultura

Nadal na Cidade da Cultura

Unha árbore de Nadal. Mans á obra!

arboreNadal_casa da culturaA Cidade da Cultura convídavos a crear a vosa propia árbore de Nadal sustentable e creativa. O obradoiro busca desenvolver a creatividade e a imaxinación dos máis pequenos a través de técnicas de reciclaxe, papiroflexia, pintura e modelado que terán como resultado unha árbore ecolóxica.

Dirixido a: Nen@s a partir de 6 anos

Duración: 2 horas

22 de decembro | 11 e 17 horas

Inscrición: É necesario reservar praza a través da web da Cidade da Cultura

Arxina e o Felo

ArxinaeFeloGarabullo e Mangarrias ensinaránnos o día a día dun dos oficios máis vencellados a Galicia: o de canteiro. Unha divertida aventura na que os arxinas Garabullo e Mangarrias no seu afán de ensinarlle os segredos da pedra e o verbo ao seu aprendiz Faxurdín tropezarán cun raposo empeñado en brindarlle a súa protección a un demo teimudo que lles encarga unha fermosa ponte de pedra. Unha obra de teatro a cargo da compañía Viravolta que combina historia, cultura e, sobre todo humor, pensada para gozar en familia.

Dirixida a: Nen@s a partir de 4 anos

23 de decembro | 13 e 17 horas

Prezo: 3€

Entradas: Podedes mercar a entrada a través da web da Cidade da Cultura.

Os regalos son cousa miña

osregalos son cousa miñaA Cidade da Cultura propón aos rapaces a partir de 9 anos ser os creadores dos seus propios regalos para este Nadal. Cunchas, pedras e madeira converteranse en broches, chaveiros, pins… grazas á creatividade e á imaxinación de Paula Tubío, a responsable da marca de complementos A gata moscovita, que dirixirá este obradoiro onde se traballará coa reciclaxe, o consumo responsable e o valor das cousas feitas por un mesmo.

Dirixido a: Nen@s maiores de 9 anos

26 de decembro | 11 e 17 horas

Inscrición: Podedes inscribiros a través da web da Cidade da Cultura.

Enredando con xoguetes tradicionais

xoguetesTradicionaisUnha viaxe aos xogos dos nosos avós e bisavós. O obradoiro permitirá coñecer como se entretiñan os nosos antepasados e descubrir que xogos contemporáneos parten de ideas que veñen de moi atrás. Da man de Xosé López e Xosé Manuel García, grandes e pequenos realizarán unha máxica viaxe ao pasado e comprobarán o que son capaces de construír coas súas propias mans un barco de xuncos ou un carro con canas.

Dirixido a: Todos os públicos e nen@s a partir de 6 anos

Duración: 2 horas e media

28 de decembro | 11 e 17 horas

Inscrición: É neccesario reservar plaza a través da web da Cidade da Cultura.

Decorando galletas

decorando galletasPoderedes sorprender a amigos e familia nestas datas a través dun obradoiro no que nen@s e adultos aprenderán a decorar ricos doces e sobremesas: estrelas, calcetíns, renos… O debuxo que ti queiras confeccionado con azucre, lacasitos, gominolas e un sinfín de materiais cos que facer cada creación única.

Dirixido a: Todos os públicos

29 de decembro | 11.30 e 17 horas

Inscrición: É necesario reservar praza a través da web da Cidade da Cultura.

Cancións por regalos

cancionesporRegalosA Cidade da Cultura poralle banda sonora ao Nadal. Os máis pequenos terán a oportunidade de descubrir a música alternativa en compañía dos seus pais. Unha iniciativa na que todos gañan,  xa que mentres ti levas para casa unhas cantas cancións para o recordo, aqueles que máis o necesiten terán unha sorpresa o Día de Reis: o regalo que ti elixas como entrada.

Dirixido a: Todos os públicos

3 de xaneiro | 18 horas

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 979 010.

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorTeatro en Santiago
Artículo siguienteNadal en Manzaneda

Escribe un comentario