Nadal lúdico en Ames

Nadal lúdico en Ames

nadal ludico amesEn Ames poderedes disfrutar dunha nova edición do programa de conciliación Nadal Lúdico. Trátase dun programa que pretende ofertar unha alternativa que permita cubrir o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo na época das vacacións escolares, á vez que se facilita a conciliación da vida laboral e familiar. Nestas xornadas levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e á aprendizaxe dos máis pequenos.

Estas actividades desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro.

Dirixido a: Nen@s escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria

24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro | 7.30 a 16 horas

Inscrición: O prazo para apuntarse está aberto dende o día 5 ata o día 19 de novembro. Podedes descargar o formulario de inscrición.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.