As Pontes prepárase para vivir un Nadal cheo de maxia. Música, teatro, xogos, cine… nun programa cultural pensado para toda a familia!
O 9 de decembro a partir das 19h comenzará o alumeado de Nadal coa actuación da Dama das Neves e Bahut Dúo. Este Nadal poderedes vivir unha experiencia única grazas á pantalla xigante e á realidade aumentada que recrea as personaxes e animais típicos destas datas. Pequenos e maiores interactuaredes co decorado, sacando fotografías nun entorno único e diferente e creando as vosas felicitacións de Nadal.
Unha árbore de Nadal orixinal e tecnolóxica
A tecnoloxía estará presente ademais nunha árbore extraordinaria, orixinal e nunca vista en Galicia. Unha árbore de Nadal máxica, decorada con divertidos motivos proxectados cos que poderemos interacturar para decorar ao noso gusto. A partir do 16 de decembro e ata o 26 de decembro estará ilumnada está árbore de 11 metros de altura.
Nas Pontes poderedes patinar sobre xeo este Nadal nunha pista instalada no patio do colexio Santa María que permanecerá aberta do 21 de decembro ao 6 de xaneiro. O tren do Nadal tamén percorrerá a vila dende o 22 ao 30 de decembro.
Un mes de música, espectáculos, deporte, arte… e moita maxia. Estas son as propostas para o público infantil e familiar, pero podedes consultar o programa completo AQUÍ:
PICA PICA. Espectáculo de música e teatro
Nacho Bombín, Emi Bombón e Belén Pelo de Ouro, recoñecidos por ser ex-compoñentes de Cantajuego, son agora os veciños dun patio moi particular no que pode suceder calquera cousa.
- 10 de decembro | 17 horas
- Duración: 60 minutos
- Entradas: 5€ (venta de entradas venres e sábado de 12 a 13.30h e sábado a partir das 16h)
- Cine Alovi
Conto de Nadal. Concerto do Conservatorio Profesional de Música das Pontes.
- 21 de decembro | 19 horas
- Entrada de balde
Obradoiro de decoración de Nadal. Obradoiro creativo no que os nenos poderán decorar a sala infantil da Biblioteca Municipal.
- 22 de decembro | 18 horas
- Entrada de balde
Concerto de Nadal. Concerto da Escola de Música, da Banda Xuvenil e da Banda Cultural das Pontes.
- 22 de decembro | 18 horas
- Entrada de balde
MUNDO XOGO. Actividades lúdicas para todas as idades.
- do 24 de decembro ao 8 de xaneiro | de 10 a 13.30 e de 16 a 21h *días 25 e 1 só en horario de tarde
- Mercado Vello
NA CASA de CARAMUXO TEATRO
Unhas poucas casas poden ser unha aldea, moitas casas poden ser unha cidade. A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade. Aí está, arrodeada doutras. É de madeira, ten xardín e dalle moito o sol. Con música en directo.
- 26 de decembro | 17 e 18 horas
- Dirixido a: nenos de 1 a 5 anos
- Duración: 30 minutos
- Entradas: 3€ adulto e 1,5€ nenos (venta de entradas dende as 16h)
- Cine Alovi
XOGA de ENTREMÁNS
Se te miras ao espello podes verte por dentro? Xoga é un espectáculo para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.
- 27 de decembro | 18 horas
- Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
- Duración: 50 minutos
- Entradas: 3€ adulto e 1,5€ nenos (venta de entradas dende as 16.30h)
- Cine Alovi
MUSICANTA con PABLO DÍAZ
Obradoiro de canto, música e xogos para nenos a partir de 3 anos e toda a familia. Bailaremos e aprenderemos cancións infantís e xogos relacionados con estas cancións e coa fala: rimas, adiviñas e trabalinguas.
- 29 de decembro | 18 horas
- Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
- Biblioteca Municipal
CARREIRA DE DISFRACES E ANDAINA VI SAN SILVESTRE PONTESA. A saída estará na Rúa Alexandre Bóveda. A carreira é organizada polo Club Atletismo Olympo As Pontes e Concello de As Pontes.
- 31 de decembro | 17 horas | Ceip Santa María
INCHABLES E XOGOS. Xogos para todas as idades no Polideportivo Municipal
- 2 de xaneiro | 16.30 h
CABALGATA DE REIS. Saída da rúa Monte Caxado.
- 5 de xaneiro | 17.30 h
CINE INTANTIL
- ZOOTROPOLIS | 23 de decembro e 4 de xaneiro | 18 horas
- HOTEL TRANSILVANIA 2 | 28 de decembro | 18 horas
- DEL REVÉS | 3 de xaneiro | 18 horas