Cinco concertos en directo para toda a familia! Este outono no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora da Coruña poderedes cantar e bailar en familia cun amplo repertorio de cancións…
Migallas Teatro: Vai ser boa
Espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo no que se combina música e teatro. Poderedes escoirtar cancións como Pinocho, O espantillo divertido, Eu teño un canciño, Unha vella tiña un can, Miña abuela Manuela, Pan de millo…
- 18 de setembro | 11.30 e 13 horas
- Duración: 60 minutos
- Fórum Metropolitano
- Entradas: 6€ (abono 3 familiar, 15€) e 2€ menores de 3 anos
As Maimiñas: Unha viaxe polo mundo
Unha viaxe polo mundo é o seu primeiro conto-disco. Conta a historia de como As Maimiñas deciden ir unha tarde a camiñar. Sen darse de conta, as dúas protagonistas chegan a diferentes países do mundo. En cada un deles créase unha historia, unha canción, unha danza típica e adaptan roupa e accesorios que caracterizan ao país visitado nese momento.
- 8 de outubro | 18 horas
- Duración: 60 minutos
- Fórum Metropolitano
- Entradas: 5€ (abono 3 familiar, 12€) e 2€ menores de 3 anos
A Gramola Gominola: Música e humor
Música e humor! Esta é a proposta da banda de música infantil A Gramola Gominola. Nos seus espectáculos fan unha didáctica viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska. Todo esto cunha posta en escena chea de enerxía e cor.
- 29 de outubro | 17 e 19 horas
- Duración: 60 minutos
- Fórum Metropolitano
- Entradas: 6€ (abono 3 familiar, 15€) e 2€ menores de 3 anos
Pirilampo: Teatro de guiñol
Un comando musical itinerante. Artistas ventureiros que avanzan pola noite, e enchen de melodías todo o que tocan coa súa luz.
- 12 de novembro | 18 horas
- Duración: 60 minutos
- Centro Ágora
- Entradas: 5€ (abono 3 familiar, 12€) e 2€ menores de 3 anos
Golfiños: Té, chocolate, café
Música para os más pequenos, música para os corazóns máis grandes. Té, chocolate, café é un libro disco feito polo grupo de música infantil Golfiños. Catorce textos coas súas cantiguiñas, onde atoparemos a un peixe moi mentireiro, a unha bruxa que nos quere converter en moitos animáis, á fermosa Rosiña a que lle encanta viaxar en cabalos de cores, tamén poderás xogar as adiviñas e moitas sorpresas que atoparás en cada melodía ao longo deste traballo, para que os pequenos gocen acompañados das súas familias, dun son único en cada tema.
- 27 de novembro | 11.30 e 13 horas
- Duración: 60 minutos
- Fórum Metropolitano
- Entradas: 6€ (abono 3 familiar, 15€) e 2€ menores de 3 anos
VENDA DE ENTRADAS
- Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13h e de 16.30 a 19.30h
- Fórum Metropolitano e Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
- Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)