Monicreques en ruta en Santiago

Gustaríavos descubrir Santiago dende a perspectiva de Vallé-Inclán? Este verán podedes facelo grazas á actividade Monicreques en Ruta: con Valle-Inclán por Santiago. Trátase de visitas guiadas innovadoras e diferentes que de xeito didáctico e ameno nos achegan a Compostela e á obra infantil de Vallé-Inclán.

Monicreques e bonecos convértense en guías turísticos e con eles poderedes percorrer, dende a Alameda, á Praza do Toural, Rúa Nova, Igrexa de Salomé, Teatro Principal, Praza de Mazarelos e Praza de Praterías. Representarán ademais a obra A Cabeza do Dragón, e coñeceredes tamén acontecementos da vida do escritor e de citas literarias que o unen a Compostela.

  • Datas:
    • do 1 ao 7 de xullo
    • do 26 ao 31 de xullo
    • 1 e 2 de agosto
    • do 17 ao 31 de agosto
  • Saída: ás 18.30 horas da estatua de Valle-Inclán no Paseo da Ferradura   *é preciso presentarse dez minutos antes no punto de saída
  • Duración: 90 minutos aprox.
  • As visitas son gratuitas

 

Escribe un comentario