Mercado da estrela en Santiago

Mercado da estrela en Santiago

mercado-da-estrelaNo Mercado da estrela en Santiago reúnense artistas, artesáns e novos emprendedores da ilustración, da moda, dos cosméticos ou a da fotografía para ensinar as súas creacións. ¡¡Unha ocasión perfecta para atopar os agasallos de Nadal!!

Ademais haberá música de bandas emerxentes e novos artistas galegos e obradoiros lúdicos para achegar aos participantes á cerámica ou á música clásica de forma amena e interactiva. Os máis pequenos terán tamén espazo e tempo para o entretemento a través de xogos e actividades.

O Mercado da estrela reserva tamén espazo para a solidariedade con agrupacións de cooperación local que necesitan máis que nunca de recursos materiais e inmateriais para seguir axudando aos máis desfavorecidos.

Propóñennos redescubrir o ánimo de intercambiar, agasallar e recuperar o espírito de comunidade nestas festas de Nadal. É por iso que contaremos cun espazo para charlar, descansar e gozar do tempo compartido na zona de restauración onde disfrutaredes de música en directo e dunha ampla oferta gastronómica.

15 e 16 de decembro | de 11 a 20 horas

Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela Como chegar

Podedes consultar o PROGRAMA COMPLETO.

¡Compártelo!
Artículo anteriorXuvenlugo 2012-2013
Artículo siguienteleCRAS en Dodro

Escribe un comentario