Mamá Cabra en Culleredo

Mamá Cabra en Culleredo

bicos-de-musicaMamá Cabra estará o día 9 de febreiro en Culleredo presentando o seu novo traballo Bicos de Música. O grupo de música infantil mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Bicos de Música, publicado pola editorial Galaxia, contén cancións para bailar, para viaxar, para cruzar a rúa, para escoitar poesía… apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas.

9 de febreiro | 18.30 horas

Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo Como chegar

Entradas: de balde ata completar o aforo

Escribe un comentario