Libros y música en Carballo

A música, a maxia, os contos e o teatro chegan a Carballo neste mes de abril para celebrar a XI Semana do Libro e da Lectura, non vos perdades o programa!

 

XI SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

Pazo da Cultura de Carballo

 

MARTES 26 de abril | 18.30 horas | CONTIARIO con Pablísimo
Pasen e vexan! Pasen e escoiten! Achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos que nunca rematan, contos minúsculos, contos canción… Presten atención e cando conte contos conten cantos contos conto!

 

MÉRCORES 27 de abril | 18.30 horas | CONTOS DE LOBOS con Ghazafelhos
Un conto interactivo onde se mestura a maxina o circo ou a hipnose… Dous personaxes dispares, pero no fondo parecidos, acordan contar historias onde aparezan lobos… pero ao final fan maxia, hipnotizan, fan acrobacias… E os contos? Xa eles buscarán quen lles axude…

 

XOVES 28 de abril | 18.30 horas |A “BICHERÍA MÁXICA” DE MANUEL MARÍA con Martín Camiña
Un percorrido máxico, de humor e participación do público, a través dos cabaliños do demo, caracois… galos, merlos, cucos e demais “bichería”, do mago das palabras Manuel María. Un espectáculo cheo de intres fascinantes e momentos de asombro, coa poesía de Manuel María de acompañamento.

 

VENRES 29 de abril | 18.30 horas | GRANDES SEGREDOS DE ANIMAIS GRANDES E PEQUENOS con Paula Carballeira
Ata os animais máis pequenos poden ter dentes, e iso, ás veces, mete medo. Pero eles, os animais, tan contentos, viven a súa vida. Pouca xente sabe que para amansar crocodilos non hai nada mellor que a poesía, ou que a baba dos caracois e das lesmas garda os segredo da xuventude e da beleza, ou que houbo unha vez unha formiga que non quixo ser obreira, nin raíña, senón cantante.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.