Letras Galegas en Culleredo

Día das Letras Galegas en Culleredo

Culleredo celebra o Día das Letras Galegas cunha programación especial que comeza coa celebración da Feira de Artesanía na Praza Europa coa participación de corenta artesáns de diferentes localidades. Este mercado de artesanía permanecerá aberto de 12 a 20 horas. A partir das 17 horas celebraráse o Festival Folclórico Infantil coa participación da escola de música e baile As Mariñas de Cambre, O Amanexo, el colegio Porto Faro e as escolas de Ancoradoira.

A nena e o grilo de Magín Blanco

A_NENA_E_O_GRILOA que soa A nena e o grilo? A pop, a rock, a música de autor pero tamén a beliscos de folk, reggae ou bossa nova.

E que conta A nena e o grilo? Contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo. Os personaxes descóbrennos emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico. Historias para nenos e nenas de todas as idades, para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade. Móstrannos un país aberto e sen fronteiras, no que se reclama o dereito de todos a ser felices. Neste mundo da nena e o grilo, o coidado da natureza, a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a amizade ou o respecto ás distintas identidades son o ar que se respira. Para aprender mentres xogamos, para saber mentres cantamos.

17 de maio | 19.30 horas

Edificio de Servizos Múltiples do Burgo en Culleredo Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.