leCRAS en Dodro

 

leCRAS en Dodro

cartel_lecras dodroleCRAS é o club de lectura dos Colexios Rurais Agrupados de Dodro. Da unión de CRA e da maxia das letras xorde a asociación leCRAS que busca fomentar a lectura entre os nen@s de 3 a 8 anos. Cada quince días pais, nais, avós ou calquera outra persoa conta un conto aos nen@s ao que segue un obradoiro ou actividade relacionado cos contos escoitados cada día. Para o día 19 de decembro teñen prevista una actividade  dedicada á cociña onde nen@s e maiores farán un obradoiro de decoración de galletas.

A cota de socio é de 15€ anuais por cada nen@. Dende leCRAS abren as súas portas a calquera persoa que queira unirse ás súas actividades.

Dirixido a: Nen@s de 3 a 8 anos

19 de decembro | 17.30 horas

Asociación de Veciños de Imo en Dodro Como chegar

Podedes seguir as súas actividades a través da web leCRAS e do Facebook.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.