Día das Letras Galegas na Cidade da Cultura

Goza das Letras infantil. O xogo do Touporroutou

O Día das Letras Galegas os nenos poderán achegarse á figura de Roberto Vidal Bolaño a través dun xogo lúdico e ao mesmo tempo didáctico: o Xogo do Touporroutou na Cidade da Cultura en Santiago. Da man de Chiflo –un divertido personaxe que dedica a súa vida a crear crebacabezas dos nosos máis importates escritores e intelectuais cos seus segredos, biografías, obras e afeccións-, os máis pequenos coñecerán a faceta profesional, literaria e vital de Roberto Vidal Bolaño. Irán respondendo as preguntas que lles axudarán a superar as distintas probas do xogo e realizar o Crebracabezas de Roberto Vidal Bolaño, un cubo de cartón onde cada cara do mesmo recreará un aspecto da vida e obra do escritor.

goza das letras infantil

Dirixido a: nenos de 7 a 12 anos

Duración: 2 horas

17 de maio | de 12 a 14 horas

É unha actividade gratuita pero é necesario reservar praza na web.

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorMes das letras no Grove
Artículo siguienteIbiza Family Shop

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.