Findes na balea

Imaxina un lugar onde as imaxes cobran vida, os protagonistas son de carne e óso e o artista es ti…

A Cidade da Cultura en Santiago de Compostela propón para os vindeiros meses a actividade Findes na balea. A través deste programa lúdico-didáctico combina un espazo de lecer e obradoiros fotográficos para os máis pequenos mentres os maiores dispoñen de tempo libre para coñecer a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

Os máis pequenos atoparán no Museo Centro Gaiás unha divertida ludoteca dinamizada por unha monitora na que poder gozar das artes. A ludoteca artéllase en tres recunchos temáticos para que os nenos podan dar renda solta a súa imaxinación:

  • Recuncho dos sentidos: con xogos para agudizar a vista, o tacto, o olfato, o gusto ou o oído.
  • Recuncho da lectura: coa presenza dunha biblioteca con publicacións infantís, libros de viaxes e de aventura.
  • Recuncho dos xogos: dotado de actividades lúdicas que reporten algún tipo de aprendizaxe.

 


 

 

  • Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos
  • Todos os sábados ata o 5 de marzo | 17.30 horas
  • Entrada de balde  (aforo limitado a 15 nenos)
  • Cidade da Cultura en Santiago Como chegar
¡Compártelo!
Artículo anterior#yonorenuncio
Artículo siguienteContos en Rede

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.