Festival Tosta en Rianxo

O Festival Tosta chega esta fin de semana ao peirao de Rianxo. Trátase dun proxecto de colaboración entre axentes culturais de comunidades lingüísticas minoritarias do eixo Atlántico de Europa. Despois de itinerar por varias nacións atlánticas celebra en Rianxo a diversidade lingüística e cultural. É un festival que combina a promoción da creación artística e a xestión equilibrada das linguas nun proxecto internacional, ademais dunha estratexia comunicativa innovadora.

9 de setembro

  • 18 horas | Presentación
  • 18.30 horas | Obradoiro de origami de motivos mariñeiros con papel reciclado
  • 19.30 horas | Xurxo Souto: Océano para terrícolas
  • 20.30 horas | Quico Cadaval
  • 22 horas | Banda Tosta

10 de setembro

  • 17 horas | Obradoiro infantil con Luned Rhys Parri
  • 18.30 horas | Mural TOSTA
  • 20.30 horas | Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel
  • 22 horas |  Oreka TX

11 de setembro

  • 17 horas | Magín Blanco: o Abecedario
  • 18 horas | Mosaico humano
  • 19.30 horas | Encontro con Belén Tajes
  • 20.30 horas | Guadi Galego
  • 22 horas | De Vacas

 

 

O festival itinerante TOSTA  percorre Europa desde o mes de abril e que rematará en Euskadi os días 23 ao 26 de setembro coa conmemoración do Día Europeo das Linguas.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.