Festival solidario Mamá Cabra

Festival solidario Mamá Cabra e amig@s!!! Cando se xuntan un grupo de música bonito cun proxecto solidario o resultado non pode ser outra cousa que MARABILLOSO, así con maiúsculas!

Gloria Mosquera e Tomi López, fundadoras do grupo de música infantil Mamá Cabra poñen en marcha este festival solidario o día 1 de maio ás 17h no Centro Ágora da Coruña. Un concerto para apoiar a campaña que en xaneiro deste ano lanzaron desde o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (ONCOMET) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Este grupo multidisciplinar centra a súa investigación nun dos maiores desafíos actuais en oncoloxía, a metástase, abordando o seu estudo sempre tratando de cubrir necesidades clínicas reais; desde e para as doentes.

Neste concerto participarán ademais de Gloria Mosquera e Tomi López, Diego Maceiras, no acordeón, Iago Rodríguez, Javier Constenla no piano, Harry Price no violín, Carliños Freire na batería, Brais das Hortas na guitarra e Pablo Vidal no contrabaixo.

Uxía, Chus Senlle, Ana Senlle, Xoán Curiel, Magín Blanco, Paco Nogueiras, Olga Kirk e Pablo Díaz encherán o escenario de música e voces, e Luchi Iglesias, Pepablo Patiño, Jorge Casas e Montse Piñón serán os encargados de achegar a parte teatral a este espectáculo. Do son encargarase Manuel Dourado e da produción executiva Urdime.

  • 1 de maio | 17 horas
  • Entradas: 5€ e 2€ para menores de 3 anos | FILA CERO
    • Venda de entradas: na taquilla da Praza de Ourense e en Ticketea
    • Fila Cero: transferencia bancaria á conta de ONCOMET en ABANCA ou nas súas oficinas ES68 2080 0300 8730 4556 7736
  • Centro Ágora da Coruña Como chegar
¡Compártelo!
Artículo anteriorOcio en familia en Ourense
Artículo siguienteLugoMáxico 2017

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.