Festival O Berce de Donaire

Festival Infantil O Berce de Donaire 2013

O festival infantil de baile e música tradicional O berce de Donaire chega á súa cuarta edición o día 4 de maio no Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña. O berce de Donaire é o resultado do traballo das agrupacións de música traidicional, creando espazos de educación musical e socialización para os máis pequenos, onde aprenden de maneira lúdica as cancións e xogos populares, a danza, os contos, as complexas percusións da pandeireta, e un amplo repertorio de pezas de gaita.

Poderedes disfrutar das actuacións da A.C. Donaire (A Coruña), A.C.F. Tarambainas (Vigo) e A.C. Rosalía de Castro (Cacheiras – Teo).

4 de maio | 17.30 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venda en Servinova.

Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña Cómo chegar

 

Escribe un comentario