Festival Entremareas en Espasante

Festival Entremareas en Espasante

festival entremareas espasanteA vila de Espasante en Ortigueira celebra o Festival EntreMareas este sábado día 20 de xullo. Un proxecto da Asociación Cultural Bangaluas, onde músicos, intérpretes e artesáns poderán expresarse e mostrar o seus traballos. É un xeito ademáis de dinamizar e ambientar o pobo durante esta época estival.

Haberá pasarrúas durante a mañá coa A.C. Gamelas e Anduriñas, Brisas da Croa de Ladrido e a banda de gaitas de Ladrido. No paseo marítimo desenvolveránse actividades e talleres para os nenos. Haberá tamén un xantar na praza do Pedregal e ás 16 horas haberá baile e música.

A partir das 17 horas no paseo marítimo haberá un pintacaras infantil e a partir das 18 horas xogos tradicionais. Ás 19 horas é a quenda das marionetas con Trécola. Logo na praza do Pedregal poderedes disfrutar dunha cea e a partir das 22 horas dun concerto cos grupos Radio Malandra, Punta norte, As transxenicas, Tarde piache y Mars Attack.

Durante toda a xornada no paseo marítimo estará instala a Feira de Artesanía.

20 de xullo | dende as 12 horas

Porto de Espasante en Ortigueira Como chegar

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.